Campaña de abonados para a segunda volta do Santiago Futsal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

Tras unha apaixoante primeira volta, na que puidemos vivir noites de máxima emoción que se resolveron nos últimos instantes de partido, e incluso tardes de goleadas no Multiusos Fontes do Sar, os ‘guerreiros da terra’ afrontan a segunda parte do campionato de Liga con todas as ganas e emoción dun club loitador que quere acadar uns obxectivos ambiciosos.

Para que todos os interesados poidan disfrutar do mellor fútbol sala a uns prezos asequibles, o club rebaixa o custe dos abonos en torno a un 45% para a segunda volta:

ADULTO: 40€
UNIVERSITARIO: 25€
DISCAPACITADO: 25€
FEDERADO: 25€
PARADO: 15€
XUBILADO: 15€
XUVENIL: 15€
MENORES DE 13 ANOS: 10€
FUTSAL PACK (5): 125€

*Será preciso presentar a documentación que o acredite

Os abonos poderán realizarse nas oficinas do club en horario de 10h a 14h de luns a venres.  Tamén se poderá realizar a inscripción de abono mediante correo electrónico á dirección administracion@santiagofutsal.com descargando o impreso de inscripción que está disponible na web.

7 de xaneiro de 2016 | 13:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.