Caballero asegura que en decembro se asinaron 181 contratos menores e non 1.454

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVigo
A-
A+
Europa Press

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, saíu este venres ao paso da acusación do grupo municipal do PP, que asegurou que o goberno municipal asinou, solo en decembro pasado, máis de 1.400 contratos menores, e acusou esa denuncia de “calumnia”, xa que, en realidade, se asinaron 181 contratos.

Nunha rolda de prensa, o rexedor olívico recordou que os contratos menores (que non superan certa contía e que se adxudican sen concurso público e sen publicidade) “están na lei” e “teñen todas as garantías”. Ademais, subliñou que os devanditos contratos “están todos colgados na web” e que a exalcaldesa, Corina Porro, “asinaba máis”.

Segundo Caballero, os concelleiros do PP “son todos uns viles calumniadores” e “o seu nivel político é tan desastroso, que teñen que recorrer a esta vía”. “As Súas calumnias non me preocupan nada”, concluíu.

22 de xaneiro de 2016 | 13:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.