Buscan a unha moza de 17 anos desaparecida na Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaSucesos
A-
A+
Europa Press

desaparecida-corunaA Policía Nacional e a Garda Civil buscan dende a tarde deste martes en A Coruña a unha moza de 17 anos, Paloma B.M., desaparecida no entorno do instituto Zalaeta.Foron os pais da moza os que deron a voz de alarma tras ir a recollela ao instituto no que estuda e decatarse de que non se atopaba alí. A última hora da tarde interpuxeron denuncia pola súa desaparición. Os seus familiares e coñecidos iniciaron tamén unha campaña a través das redes sociais para tratar de dar con ela.

Segundo a información da que dispoñen os efectivos de busca, a moza vestía no momento da súa desaparición un pantalón estampado, un xersei negro de pelo, botas negras con calcetíns voltos, bufanda clara e unha parka branca de charol. Ademais levaba unha mochila.

13 de xaneiro de 2016 | 11:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.