publicidade hoxe

Ainhoa Ramos Manteiga acada a prata no Campionato Galego Sub 21 de Taekwondo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaOrdes
A-
A+
Ainhoa Ramos coa presea acadada

Ainhoa Ramos coa presea acadada

A deportista ordense Ainhoa Ramos Manteiga vén de incluír un novo título no seu palmarés ao alzarse coa prata no Campionato Galego Sub 21. As probas tiveron lugar esta fin de semana no pavillón Los Rosales, na cidade da Coruña. Ainhoa Ramos é unha das integrantes do Club de Taekwondo Boud Sport, coñecido ata hai ben pouco como Club Luar. Con este resultado asegúrase poder disputar as preseleccións do Campionato de España Sub 21, no que xa acadara a quinta praza o pasado ano. 

25 de xaneiro de 2016 | 12:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.