Adam Waczynski e Santiago Yusta son Premios Xigantes obradoiristas

Premio Xigantes
O Rio Natura Monbus Obradoiro asistiu onte á 28 Gala Xigantes representado polos premiados Adam Waczynski e Santiago Yusta. O máximo anotador da competición, Adam Waczynski, recibiu o premio Xigante Mellor Debutante, referido ao pasado curso, cando se estreou en Liga Endesa co club obradoirista. Pola súa banda, Santiago Yusta recibiu o Xigante Junior con maior progresión, tras a súa pasada tempada nas categorías base madridistas.
Os xogadores agradeceron os seus premios “e a confianza dun medio tan reputado como o é Xigantes no mundo do baloncesto”. Tamén “a toda a xente presente na miña formación como xogador e ao rio Natura Monbus Obradoiro ao completo, que confiou en min para o seu proxecto”, declaraba o beirado polaco.
Tras o cóctel, Santiago Yusta participou tamén no programa de #experienceendesa Colgados do Aro, conducido por Antoni Daimiel e Juanma Iturriaga.











