publicidade hoxe

Ábrese o prazo para solicitar as subvencións para actividades deportivas en Bueu

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueu
A-
A+

As entidades deportivas sen ánimo de lucro que realizasen actividades deportivas de interese para o municipio, poderán solicitar xa as subvencións convocadas polo Concello de Bueu, e das que se abre o prazo mañá, xa que hoxe foi publicado o anuncio no BOPPO.

As bases establecen que poderán ser subvencionables aqueles programas ou actividades deportivos que se desenvolvan entre o 1 de xaneiro de 2015 e o 31 de decembro do 2015, e as axudas que se concedan non poderán superar e ningún caso o importe de 5.500 euros, e nunca cubrir máis do 50% da actividade á que se aplique.

Os criterios que se van ter en conta son: a antigüidade do club, o número de equipos e categorías a que pertencen, o número de deportistas e equipos femininos, o número de socios, o número de técnicos cualificados, os resultados acadados na última tempada, a organización e execución de actividades alternativas, e o interese xeral da actividade para o concello.

O Concello vai destinar un orzamento dun máximo de 25.000 euros para estas subvencións, e as bases xa se poden consultar na web municipal: www.concellodebueu.org.

28 de xaneiro de 2016 | 13:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.