A Xunta entrega equipamento para Protección Civil de 9 concellos da provincia de Lugo
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda fixo entrega hoxe dun novo equipamento para Agrupacións de Protección Civil de concellos da provincia de Lugo, esta maña no concello de Vilalba.
Alfonso Rueda, entregou varios vehiculos pick-up e remolques con material de emerxencias, que permitirá mellorar a eficacia das actuacións na prevención de riscos e nas intervencións nas emerxencias. Ademais, segundo manifestou o vicepresidente, tratase dun exemplo de colaboración entre o Goberno autonómico e os concellos para ofrecer o mellor aos cidadáns, neste caso no ámbito da seguridade e das emerxencias.
Incidiu unha vez máis na importancia da colaboración e da cooperación entre as distintas administracións, especialmente cando se fala de seguridade e de xestión das emerxencias, “que é cando os cidadáns máis o necesitan e máis no lo esixen”.
Así, desta volta foron entregados 7 vehiculos pick-up e 2 remolques para emerxencias equipados con electro bombas somerxibles, motobombas para augas residuais, xerador de electricidade portátil de gasolina, motoserras, rozadoras de 3 CV, torre de iluminación e kit de balizamento e sinalización.
Os todos terreos pick up foron entregados aos concellos de Burela, Folgoso do Caurel, Fonsagrada, Foz, Guitiriz, Quiroga, Sarria; e os dous remolques especializados foron entregados aos concellos de Vilalba e Mondoñedo. O investimento neste material superou os 274.700 euros , dos cales máis de 34.000 euros corresponden a cada un dos pick-up e 16.500 a cada remolque entregado.