A Ximnástica leva dous trofeos na Final da liga galega escolar-federada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesPontevedra
A-
A+

Os integrantes da Escola Municipal de Atletismo da Sociedade Ximnástica, disputaron a Final da liga galega escolar-federada, no Palacio de deportes de Riazor na Coruña. Foron tres os equipos pontevedreses que se conseguiron clasificar para dita Final e o balance é máis que satisfactorio cun segundo posto do equipo alevín feminino e o terceiro das benxaminas; ademais non hai que desmerecer para nada o sétimo posto dos nenos benxamíns, o feito de chegar a esta Final xa é todo un éxito.

O equipo alevín feminino fixo un magnífico campionato, defendeu con uñas e dentes a vitoria do ano pasado pero sucumbiu cunha estreita marxe de dous puntos, sobre as nenas da Estrada, para quedar as pontevedresas nunha meritoria segunda posición.

Os mellores resultados parciais corresponderon a Carolina Santos, gañadora do quilómetro con 3.20.22, mellor marca galega de sempre da categoría; segunda foi Xainza Calvo nos 50 metros e conseguiron a terceira posición, Carla Rivas no salto de altura e Celia Ortega nos 500 metros e o salto de lonxitude.

En canto ás nenas benxaminas, o terceiro posto cultivado conseguiuse grazas, entre outras, á vitoria parcial de Marina Pérez no salto de lonxitude e os terceiros postos de Candea Filgueira nos 50 metros e Medhani Pereira no lanzamento de peso; ademais da actuación do resto do equipo.

Da actuación do equipo benxamín masculino hai que resaltar a segunda posición de Iván Acuña no salto de lonxitude.

Julián Ortiz comeza con forza a tempada 

Aos poucos os atletas da Sociedade Ximnástica comezan a entrar en faena coas súas primeiras probas da tempada, Julián non o fixo nada mal na súa estrea, competindo no Campionato do Sur de Gran Bretaña, en Le Valley, sendo segundo na final dos 60 metros valas con 7.94. Unha marca que o cualifica para o nacional Absoluto da especialidade.

Tamén Alberto Guerrero actuou en Antequera nunha distancia atípica, os 1.000 metros lisos, nunha carreira na que Manuel Olmedo bateu a plusmarca nacional con 2.18.24 e na que Alberto asinou uns interesantes 2.25.88.

Outro atleta que fixo a súa primeira competición da tempada foi Víctor Laseca, unha das novas incorporacións do equipo pontevedrés. Víctor correu en Zaragoza a distancia dos 1.500 metros, cun discreto rexistro de 3.59.23, marca que seguramente irá mellorando ao longo do ano.

19 de xaneiro de 2016 | 17:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.