publicidade hoxe

A terceira sesión de “Conversas coa Xuventude” versará sobre cooperación, integración e solidariedade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+

O venres, 22 de xaneiro, celébrase a terceira das sesións de “Conversas coa Xuventude” organizadas polo Concello da Guarda.

Nesta ocasión os temas a tratar serán a cooperación, a integración, a diversidade e a solidariedade. Para falar sobre isto están convidados á charla representantes das Asociacións Avelaíña, San Xerome, ConRazones,Cruz Vermella  e Érguete 

Os invitados e protagonistas nesta charla falarán da súa labor a prol da integración en toda a Comarca do Baixo Miño. 

Neste encontro o que se busca é a implicación da sociedade nas diferentes actividades que se levan a cabo para conseguir mellorar a nosa contorna. 

A cita, como en anteriores ocasións é ás 20,30 horas na Casa dos Alonsos. Dende a Concellería de Xuventude quérese convidar a todos os veciños e veciñas da localidade a participar nesta nova sesión de “Conversas coa Xuventude”.

19 de xaneiro de 2016 | 14:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.