A Sociedade Ximnástica logra cinco medallas no Campionato de Galicia Absoluto
Aínda que a priori non foi o resultado esperado, os atletas da Sociedade Ximnástica realizaron un gran campionato no Palacio de Deportes de Riazor, quizais non acompañou a sorte xa que houbo varios atletas que quedaron ás portas das medallas, David Ferrer foi cuarto no salto con pértega e salto de lonxitude, ou Marco Martínez, outro cuarto posto no salto de altura; ou lesións como a que sufriu Darío Costas no salto con pértega, unha ferida sen máis consecuencia, tras unha mala caída, que lle aconsellou retirarse da competición, cando xa fixera a mellor marca nas eliminatorias dos 50 metros e ía empezar a proba de salto de altura. Non terá máis problemas para competir o próximo fin de semana no seu primeiro Heptatlon da tempada en Valencia.
Hai que tamén valorar como moi positivo as tres medallas de ouro cultivadas, Víctor Gallego non tivo rival no lanzamento de peso con 16,28 metros, acompañándoo no podio Javier Guzmán coa medalla de bronce; Santi Ferrer volveu erixirse como o mellor no salto con pértega con 4.57 metros e Jorge Puig con 8 minutos e 25,89 segundos impúxose nun gran final nos 3.000 metros lisos. Ademais aos tres os veremos o próximo fin de semana na Copa do Rei.
A única medalla que conseguiu o combinado feminino da Ximnástica foi a cargo de Clara Gil con 2,92 metros no salto con pértega, nunha proba onde os xuíces anunciaron a todos unha altura cando o listón estaba colocada noutra máis alta; as atletas saltaron e moitas derrubaron o listón e cando se deron conta, houbo un longo parón para atopar unha solución satisfactoria, obviamente deixáronas volver saltar nunha altura real e Clara tivo que esperar unha hora para renovar a súa competición.
O atletismo continúa e o próximo fin de semana a Ximnástica estará na Copa do Rei, tamén acudirá ao galego de campo a través, na distancia curta e nas categorías xuvenil e cadete. Non hai que esquecerse do comezo do CCCP 2016, o domingo coa carreira de San Brais.
Manuel Furtado finaliza sexto no nacional de Medio Maratón
Con 1 hora, 5 minutos e 58 segundos en liña de meta, o atleta da Sociedade Ximnástica conseguiu un posto de finalista no campionato de España de Medio Maratón, ao acabar en sexto lugar.
O obxectivo de realizar unha hora e 4 minutos, para ir ao mundial da especialidade estivo moi preto de conseguirse pero ao final non puido ser, o ritmo da carreira foi moi elevado, proba diso foi o gañador da carreira, o kenyano Morris Munene, con 1h01.02, que non entraba na clasificación para o nacional, o tentar non desfondarse nos quilómetros iniciais fíxolle perder distancia con respecto dos seus rivais e ao final atopouse só para afrontar os quilómetros finais.
Aínda así gran resultado para Manuel que terá dentro dun mes outra das súas citas importantes do calendario, o nacional de Marathon.











