A Sociedade Ximnástica convértese de novo en Campioa Galego de Clubs de probas combinadas de inverno

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaPontevedra
A-
A+

Os mozos da Sociedade Ximnástica de Pontevedra, reeditaron no Estadio Gregorio Pérez Rivera de Lugo, o título de Campións Galegos de probas combinadas de inverno, a pesar da ausencia de Santiago Ferrer Alonso e Darío Costas; Alex Solla, con 3.971 puntos no Heptatlon absoluto; Marco Martínez en Hexatlon cadete con 3.291 puntos e Pablo Tojal con 2.048 puntos tamén no Hexatlon cadete; sumaron os 9.310 puntos que lles deron a vitoria, repetindo o triunfo do ano pasado na mesma instalación.

En canto ás mozas, conseguiron un posto de podio ao quedar as terceiras con 7.266 puntos. Mágoa a baixa de Sandra Carballo, que seguramente axudaría a mellorar esta clasificación. Paula Martin con 2.647 puntos no Heptatlon Promesa; xunto cos 2.324 puntos de Alesandra Campo no Pentatlon Cadete e os 2.295 puntos de María Jiménez, tamén no Pentatlon Cadete; foron as tres mellores puntuacións das atletas pontevedresas.

Tamén se celebrou o Campionato Galego individual de probas combinadas para as categorías veteranas; Francisco Quintáns no Heptatlon do chanzo de 50 a 55 anos, levou a medalla de ouro con 3.679 puntos, repetindo a conseguida o ano pasado.

Agora haberá que esperar a principios de febreiro cando se celebren os Campionatos de Galicia individuais da especialidade, para ver se a Ximnástica supera as 4 medallas cultivadas no curso pasado.

11 de xaneiro de 2016 | 17:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.