A Sociedade Ximnástica arrinca o ano cun xaneiro de atletismo baixo teito

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesPontevedra
A-
A+

Iníciase 2016 par a Sociedade Ximnástica cun mes de xaneiro no que se xoga boa parte da tempada de pista cuberta. Para empezar o próximo fin de semana en Lugo celébrase o Campionato de Galicia de Clubs de probas combinadas, onde a Ximnástica conseguiu o ano pasado o título en categoría masculina e o segundo posto en feminina, haberá que tratar de igualalo.

A mediados de xaneiro o escenario atlético pasa ao Palacio de Riazor en Coruña, o sábado 16 os atletas das Escolas Municipais terán a Final Galega da liga Escolar-Federada, son tres equipos pontevedreses os que se clasificaron na Fase previa, o alevín feminino e os dous benxamíns. Ao día seguinte domingo, celebrarase a Copa de Galicia de pista cuberta, os mozos defenden título e as mulleres tentarán subir ao podio.

Acabando xaneiro, o domingo 24, en Riazor celebrarase o Campionato de Galicia Absoluto; a Ximnástica conseguiu 7 medallas o ano pasado e tentará superalas.

Por último o sábado 30 será a auténtica proba de lume coa Copa do Rei de pista cuberta. O equipo masculino cumprirá a súa quinta tempada consecutiva acudindo á mesma, outra vez entre os 8 mellores de España; haberá que ver a hemeroteca, pero pode ser o equipo galego que máis veces competiu na Copa do Rei.

E para concluír, o último día de xaneiro, a Ximnástica estará de novo en Friol (Lugo), no autonómico de Clubs de campo a través, na distancia curta.

5 de xaneiro de 2016 | 16:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.