A Selección Galega non logra o pase á Fase Final do Cto. de Seleccións Autonómicas Sub-19

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes Portada
A-
A+

A Selección Galega Sub-19 non puido lograr o pase á Final do Cto. de Seleccións Autonómicas ao caer por 2-1 ante a Selección de Ceuta. A Selección de Galicia viaxou á cidade autónoma cunha ampla representación celeste, cos seleccionadores Mon Barreiro e David Rial, segundo adestrador do primeiro equipo e adestrador do filial, respectivamente; e os xogadores xuvenís Felipe Beiro, Iago Fernández e Antón Arnejo.

Tras superar a País Vasco cun marcador favorable de 3-0, selección á que tamén superou Ceuta por 6-2, os galegos sabían que tiñan que conseguir a vitoria ante os ceutíes para lograr o pase á Fase Final do Cto.de Seleccións.

O encontro ante Ceuta púxose moi de cara para os intereses galegos ao anotar o 0-1 nunha xogada de estratexia en saque de banda. A pesar da igualdade do encontro chegouse ao descanso co resultado favorable a Galicia. Na segunda parte, aínda que Ceuta tivo maior posesión do balón, as ocasións estiveron moi repartidas entre os dous combinados autonómicos. Os ceutíes lograron facer o empate a falta de 4 minutos para o final e Galicia apostou por xogar os últimos minutos con porteiro xogador. Tras varias ocasións non materializadas, Ceuta logrou o tanto da vitoria co tempo cumprido e cando a bucina xa decretase o final do encontro.

O seleccionador galego, Mon Barreiro mostrouse moi contento polo nivel amosado na competición pero descontento, ao mesmo tempo, por non lograr os obxectivos de chegar á Fase Final.

11 de xaneiro de 2016 | 17:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.