A Residencia San José e os colexios Carmelitas, O Couto, Franciscanas e Cisneros gañan o XX Concurso de Beléns Públicos de Ourense
O Concurso de beléns públicos, organizado polo Concello de Ourense, desde a Concellería de Cultura, coa colaboración da Asociación de Belenistas de Ourense, xa ten gañadores nas súas diferentes categorías nesta vixésima edición.
En escolares, na categoría de Infantil resultou gañador o colexio Carmelitas, en Primaria o colexio O Couto e, en Secundaria, Franciscanas,
Na categoría xeral, resultou gañador o belén realizado pola Residencia San José, obtendo o segundo posto América Vázquez e o terceiro ECR 2000.
Os accésits foron para Nuestra Señora de la Esperanza (1º accésit), un coche (2º accésit), a residencia Santa Cruz de Arrabaldo o terceiro, unha particular, Francisca o cuarto, o Complexo Hospitalario o quinto e Santa Marta o sexto.
O premio especial ao belén máis creativo foi para Cardenal Cisneros
O concurso, que reparte premios por un importe total de 2.780 euros, estivo aberto a todas as asociacións veciñais, culturais, agrupacións, colexios e particulares pertencentes ao Concello de Ourense que se inscribiron previamente na Concellería de Cultura.
Belén de Arturo Baltar
Por outra banda, e desde o inicio da programación de actividades de Nadal, e ata o día de onte, o espazo expositivo Belén de Arturo Baltar recibiu un total de 11.932 visitantes. Esta cifra, representa un aumento considerable respecto ao pasado Nadal 2014/15 onde as visitas sumaran un total de 7.640 persoas.
En especial destacan os días 25 e 27 de decembro, nos que se acadaron 1.027 e 1.109 visitantes en cada xornada.
Outra das actividades máis participativas na cidade durante estas datas foi a Mostra de Teatro Infantil de Ourense, MOTI, que congregou a un total de 1.541 persoas entre os sete espectáculos que tiveron lugar no Auditorio Municipal.











