A primeira edición da Carreira Popular de Matogrande celebrase o 10 de xaneiro
O Circuíto Coruña Corre comezará o 2016 coa estrea da nova proba desta tempada. Por vez primeira, o barrio Matogrande celebrará este domingo a súa propia Carreira Popular. 1750 deportistas populares, de todas as idades, tomarán a saída e percorrerán o barrio desde as 10.30 da mañá achegándose, na categoría absoluta, á Avenida da Vedra e ao campus universitario de Elviña. A proba, a terceira das sete que compoñen o circuíto municipal, intégrase como unha carreira máis en Coruña Corre, que nesta edición destaca por conxugar a parte máis lúdica da actividade deportiva coa competición e fomentar a participación da veciñanza e clubs de atletismo na organización e desenvolvemento de cada carreira. O Servizo Municipal de Deportes contará este domingo, neste sentido, coa colaboración do Club Natación Liceo e a Asociación de Empresarios y Comerciantes de Matogrande y Área de Incluencia.
A hora de saída da carreira absoluta da Popular de Matogrande será ás 10.30 horas . O grupo percorrerá 6.625 m desde a súa saída e chegada na rúa Sebastián Martínez Risco, á altura do Centro Liceo La Paz. Unha vez finalizadas as distintas carreiras, cuxos percorridos poden consultarse con detalle na páxina web www.coruna.es/carreiraspopulares , realizarase ás 13.15 horas a entrega de premios para as e os primeiros clasificados en cada unha das categorías. Os horarios de saídas serán os seguintes:
Categoría – Hora – Distancia
Absoluta 10.30 h. 6.625 m. aprox.
Xuvenil 11.35 h. 2535 m. apox.
Cadete 11.35 h. 2535 m. aprox.
Infantil 11.50 h. 1495 m. aprox.
Alevín feminino 12.05 730 m. aprox.
Alevín masculino 12:25 h. 730 m. aprox.
Benxamín feminino 12.35 h. 730 m. aprox
Benxamín masculino 12.50 h. 730 m. aprox
Prebenxamín 13.00 h. 150 m.
As e os participantes poderán recoller os dorsais da proba de Matogrande o sábado, 9 de xaneiro, no Centro Liceo La Paz de 11:00 a 13:30 h. e de 16:30 a 21:00 h. O domingo tamén poderán recollerlos até unha hora antes de cada unha das carreiras, na mesma instalación, onde haberá servizo de duchas e gardarroupa (de 9.30 a 13.30 horas). Nesta ocasión tamén estará dispoñible o servizo de canguraxe, destinado ás fillas e fillos de 3 a 8 anos (nados de 2012 a 2007) de participantes da proba que así o solicitaron no momento de formalizar a súa inscrición.
A serie de carreiras populares Coruña Corre achegouse na súa IV edición aos barrios dos Rosales e Novo Mesoiro nos meses de novembro e decembro. Despois de Matogrande, continuará o 26 de marzo na contorna da Torre de Hércules, o 26 de xuño en San Pedro de Visma, o 31 de xullo en Oza e o 4 de setembro no Ventorrillo. Toda a información sobre as probas, así como o regulamento da competición, pode consultarse na páxina web municipal www.coruna.es/carreiraspopulares
Mobilidade
O desenvolvemento da proba provocará modificacións no tráfico do barrio. A circulación de vehículos pola rúa Sebastián Martínez Risco cortarase ás 07.30 horas para permitir a colocación dos elementos de meta, e o desvío de vehículos das rúas do trazado da carreira farase desde as 9.30 horas. Durante a celebración das distintas carreiras estará prohibido o acceso e saída dos garaxes, permitíndose nos tempos entre as probas das diferentes categorías.
O percorrido da absoluta, que chegará até o campus de Elviña, provocará o corte do carril de acceso de Pocomaco cara Alfonso Molina no sentido saída da cidade desde as 10.15 horas até as 11.15 horas (obrigando a facer o cambio de sentido en Ponte da Pedra). En todo momento a organización manterá o acceso ao Hotel Attica 21 e ao aparcadoiro da praza do Eroski desde a entrada do Hotel.











