A Policía de Vilagarcía advirte do peche da rúa Fontecarmoa pola realización de obras
A Policía Local advirte dun peche de tráfico que terá lugar o luns, 11 de xaneiro, na Rúa Fontecarmoa. A causa deste corte ao tráfico rodado é a realización dunhas obras no lugar.
A previsión é que a circulación se corte ás oito da mañá para restablecerse o tráfico as dúas da tarde.
O Concello prega desculpas polas molestias.











