A piscina de Caranza reabre este sábado tras corrixirse unha incidencia no sistema de ventilación
A piscina de Caranza, en Ferrol, abrirá a partir deste sábado, día 30 xaneiro, no seu horario habitual tras solucionarse a incidencia no sistema de ventilación que obrigou a pechala de forma temporal o pasado martes ao superarse os niveis de CO2 permitidos.
O edil de Deportes, Bruno Díaz, recordou que esta semana se produciu unha rotura dunha turbina das dúas coas que conta o sistema de ventilación. Debido a que en momentos puntuais se superaban os neves de CO2 permitidos, decidiuse pechar a instalación o pasado martes, co compromiso de axilizar o seu arranxo.
Precisamente, na mañá deste venres quedou solucionada a incidencia, recuperouse a temperatura da auga e reguláronse os niveis de CO2.











