A patronal de Lugo di que a CEG sale dividida tras a elección de Dieter Moure
O secretario xeral da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), Jaime López, asegurou este venres que a patronal galega “sale moi dividida” tras a elección de Antonio Dieter Moure como novo presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG).
“Temos que felicitar ao candidato de Antonio Fontenla”, ironizou López, para quen esta elección representa “unha volta ao pasado”. “Volve gañar o candidato da Coruña e dunha serie de organizacións sectoriais que non están integradas nas confederacións provinciais”, lamenta.
Do proceso, interpretou que sale “unha organización moi dividida”. “Os votos son irreverentes desde o punto de vista da vitoria. Aínda así confiamos que isto poida xerar a estabilidade oportuna para a CEG”, subliñou.
En todo caso, López insistiu en que “gañou un candidato de Ourense totalmente apoiado pola Confederación da Coruña e Antonio Fontenla”.
“SITUACIÓN MOI COMPLICADA”
Así as cousas, constatou que a “situación é moi complicada” e advertiu ao novo presidente que “tería que ter moito tino, sobre todo polas apreciacións cara ás confederacións provinciais”.
“Furtouse ao empresariado galego por unha delegación de voto masivo da provincia da Coruña apoiando a unha candidatura que nin sequera é da Coruña”, concluíu.











