A Oficina de Atención ao Cidadán trasládase á planta principal da Casa Consistorial de Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

A Oficina de Atención ao Cidadán prestará servizo, a partir de hoxe, na Praza Maior. Este departamento estará instalado na planta principal da Casa Consistorial e atenderá aos cidadáns no seu horario habitual: de luns a venres, de 09.00 horas a 14.00 horas e de 16.00 horas a 20.00 horas.

Con este traslado, o goberno municipal unifica dependencias municipais, aportando racionalidade nos custes de mantemento e eliminando alugueres reubicando servizos en espazos propios do Concello. Do mesmo xeito, esta optimización dos servizos redundará na comodidade para os usuarios que se dirixan a esta oficina, por estar na propia Casa Consistorial.

A carta de servizos desta Oficina de Atención ao Cidadán continuará ofertando, como ven sendo habitual:

– Información e orientación municipal (información xeral, cultural e adaministrativa sobre trámites municipais, orientando e facilitando instancias e axuda para a súa cumplimentación).

 -Peticións veciñais: tramitación de solicitudes con relación aos distintos servizos do Concello (alumeado público, mobiliario, limpeza, medio ambiente, perímetro rural, infraestruturas, etc).

– Padrón de habitantes (certificados, volantes, consultas sobre empadroamento)

– Cita previa Asuntos Sociais (punto de información dos programas sociais, información de actividades nos Centros Cívicos, inscripción para cursos, etc)

– Xestións tributarias (emisión de recibos e duplicados de impostos municipais, información xeral, domiciliación bancaria, cambio de enderezo fiscal, etc)

– Queixas e suxestións (tramitacións)

19 de xaneiro de 2016 | 17:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.