A Fundación de Deportes realizou o sorteo para adxudicar as 200 prazas de pilates

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

As instalacións de Fexdega acolleron esta mañá o sorteo para a adxudicación das 200 prazas de Pilates ofertadas pola Fundación municipal de Deportes para o segundo trimestre do curso. Foi un acto público no que exerceron como man inocente tres usuarias que asistiron ao mesmo. O número extraído e polo que se comezan a adxudicar as prazas foi o 204. O número de solicitudes presentadas ascendeu a 219.

En vista da elevada demanda que se rexistrou en setembro para Pilates, a Fundación decidiu crear tres novo grupos para elevar o número de prazas ata as 200 co obxecto de que puideran optar a esta actividade deportiva o maior número de persoas posibles.. Así a todo, a demanda foi superior, xa que se tramitaron 219 solicitudes, razón pola cal a adxudicación das prazas realizouse polo sistema de sorteo para garantir a igualdade de oportunidades.

O sorteo realizouse esta mañá e as listas co resultado pódense consultar na sede da Fundación, en Fexdega, ou no taboleiro de anuncios da web municipal. O número extraído no sorteo foi o 204 polo que a adxudicación realízase a partir de aí e segundo o número de rexistro de cada unha das solicitudes.

Dos 8 grupos de Pilates, 5 terán horario de mañá e 3 de tarde. Tras o descanso de Nadal, todas as actividades de deporte para adultos que ofrece a Fundación comezarán a impartirse o luns, 11 de xaneiro.

5 de xaneiro de 2016 | 18:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.