A Fiscalía valorará os indicios para actuar de oficio no caso das monxas indias retidas en Compostela

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+
Europa Press

A Fiscalía terá agora que valorar “os indicios” para decidir se actúa de oficio no caso do tres monxas orixinarias da India supostamente retidas no convento das Mercedarias de Santiago de Compostela.

Segundo confirmaron fontes xurídicas, as mulleres que foron monxas de clausura non presentaron denuncia, polo que o caso, que instrúe Ana López Suevos e que ten que ir a repartición xudicial inminente, dependerá da actuación da Fiscalía para que siga adiante.

Polo momento, a fiscal encargada do caso é Aránzazu San José, a mesma que actuou en casos como o xuízo contra sete edís do Goberno local de Santiago cando Ángel Currás (PP) era o alcalde da cidade.

As tres monxas da India chegaron a Galicia cando eran menores de idade e agora atópanse na trintena, xa que, segundo as mesmas fontes consultadas, levaban na capital galega uns 15 anos.

26 de xaneiro de 2016 | 13:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.