A denuncia de intrusismo por parte de veterinarios foi clave para catro imputacións por vender antibióticos sen receita

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurenseSucesos
A-
A+
Europa Press

O Colexio Profesional de Farmacéuticos de Ourense (COFO) destaca a actuación do Consello Galego de Colegios de Veterinarios posto que a súa denuncia de prácticas de intrusismo profesional, afirma, “foi clave” para o desenvolvemento da denominada ‘Operación Vitri’, na provincia de Lugo, no marco da cal un total de catro persoas foron imputadas por vender antibióticos sen receita veterinaria.

O presidente do colexio de farmacéuticos de Ourense, Vicente Jairo Álvarez, é o representante galego no grupo de traballo de medicamentos veterinarios, promovido polo Consello Xeral de Colexios Farmacéuticos de España.

“Segundo resalta o colectivo nun comunicado, precisamente, un das principais preocupacións deste grupo é a de chamar a atención sobre a obrigatoriedade legal de que os fármacos veterinarios sexan adquiridos en establecementos autorizados para a súa dispensa”.

Neste sentido, o colexio recorda que, tal e como se recolle no artigo 38 da Lei de Garantías e Uso Racional dos Medicamentos e Produtos Sanitarios, as oficinas de farmacia e as comerciais veterinarias minoristas cun farmacéutico colexiado e correctamente identificado á fronte son “as canles autorizadas para dispensar medicamentos veterinarios”.

Ademais, as oficinas de farmacia son as únicas autorizadas para a dispensa de formulacións maxistrais, preparados oficiais e estupefacientes para uso animal.

Xunto a isto, o Colexio de Farmacéuticos de Ourense destaca que medicamentos de especial importancia como psicofármacos, anabolizantes, anestésicos e antibióticos para uso animal “deben ter un estrito control farmacéutico, porque poden chegar a afectar tamén á saúde humana de diferentes formas”.

21 de xaneiro de 2016 | 19:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.