publicidade hoxe

A Concellería de Economía e Facenda de Ames informa sobre o aforro na débeda municipal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAmes
A-
A+

A principios de setembro do 2015, Genma Otero, concelleira de Economía e Facenda, acompañada do interventor e tesoreira do Concello, iniciou unha rolda de contactos coas entidades bancarias domiciliadas no Concello de Ames coa fin de tomar contacto e buscar mellores condicións para os préstamos que o Concello de Ames ten suscrito con estas entidades.

Dúas das tres entidades coas que o Concello ten suscrito os préstamos, ,concretamente Abanca e BBVA, presentaron sendas propostas de refinanciación da débeda bancaria.

Abanca presentou unha proposta onde reduce o diferencial do préstamo do 1,5% ao 0,90% o que suporía un aforro de xuros nun 38,73% e unha reducción da carga financiera de 4.600 euros/ano. Ademáis ofrécese para asinar calquera outro tipo de operación de endebedamente a ese tipo de interese (Euribor 3 meses + 0,90 €).

Do mesmo xeito, o BBVA entregou unha oferta na que reduce o diferencial do préstamo de 2,30% ao 1,02% , o que supón un aforro neste caso dun 54,49% e reducción da carga financiera de 30.700 euros anuais.

A outra entidade bancaria, o Banco Santader, non formulou proposta de minoración porque os préstamos concertados ca mesma foron formalizados a través do Instituto de Crédito Oficial (ICO), sendo a entidade unha mera intermediaria ao respecto. Non obstante, tamén neste caso existe unha sensible reducción, xa que o tipo aplicable pasa de 5,125 % ao 1,311 %, o que supón un aforro dun 74,42% e unha reducción nos xuros de 65.700 euros/ano.

A Concelleira de Economía, Genma Otero, manifesta que “ Estamos moi contentos e satisfeitos das negociacións, pois se conseguiu o obxetivo que se perseguía, que é conseguir un aforro axustando os tipos de interés dos préstamos ata os límites de prudencia financeira, límite máximo que as entidades bancarias poden ofrecer. Con iso conseguimos un aforro total de aproximadamente 35.300 euros de xuros anuais ademáis dos 65.700 euros da redución nos préstamos formalizados a través do ICO, que en total sumarían unha cifra de 101.000 euro ao ano de aforro en xuros. Ademáis se ofrece a posibilidade de negociar operacións de endebedamento con estos tipos de interés, no caso de que o Concello o precise”.
Genma Otero manifesta tamén que desde o Departamento Económico daráselles resposta ás entidades bancarias nos próximos días.

O obxectivo final do goberno era renegociar a débeda e, de ser o caso, reestruturala para conseguir un aforro.

19 de xaneiro de 2016 | 17:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.