publicidade hoxe

A Cañiza inicia o ano emprendendo novas accións formativas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Cañiza
A-
A+

Estas son as ofertas formativas de nivel educativo, pero ademáis están en marcha outros cursos orientados á formación profesional con clases de inglés, alfabetización ofimática e informática avanzada que se imparten na casa de cultura en horarios adaptados ás necesidades dos nosos veciños. Cursos de manipulador de alimentos, de fitosanitarios e de carretilleiro son outras formacións que tamén se imparten dependendo do número de interesados.

Por outra banda o Concello tamén oferta outros cursos pensados para disfrutar e entreterse como é o caso dos cursos de teatro, actividade gratuita que dende o ano pasado acolle aos nen@s de infantil e dos ciclos de primaria e secundaria dos centros escolares da Vila. A oferta completase coa impartición de cursiños máis específicos como baile de salón ou patronaxe.

Outra alternativa a ofrece a Escola de Música Moderna con clases para adultos e nenos nas especialidades instrumentais de batería, baixo eléctrico, guitarra eléctrica, piano e teclados.

Unha amplia variedade formativa organizada a través da Concellería de Cultura.

Para ampliar información sobre as datas de celebración de cada un destes cursos, horarios, temarios e prezos, os interesados poden dirixirse á oficina de información xuvenil no primeiro andar da Casa de Cultura ou á Biblioteca Municipal.  

25 de xaneiro de 2016 | 13:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.