publicidade hoxe

A aula CeMIT de Boiro comeza o 2016 con 5 cursos de formación dixital básica

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiro
A-
A+

A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, a Rede CeMIT, do Concello Boiro segue crecendo gracias aos veciños/as que se achegan as instalacións para aprender, e para disfrutar da aula aberta asi como tamén diversas actividades que se realizan.  A afluencia media  das aulas situadas do Centro Social e de 900 visitas ao mes.

O día 12 de xaneiro comeza o primeiro curso do ano e inda quedan prazas dispoñibles para anotarse nos seguintes cursos que son de balde:

– Inicio a Informática
– Inicio a Internet
– Correo electrónico Webmail
– Manexo de dispositivos  móbiles
– Inicio a Internet para persoas maiores

Para solicitar máis información sobre as citadas actividades (horarios, datas e contidos) poden dirixirse á Aula CeMIT de Boiro sita no Centro Social de Boiro, rúa Poeta Manuel María, a través das páxinas web https://cemit.xunta.es e www.boiro.org, chamar ao teléfono 981842635, ou enviar un correo electrónico aos enderezos: cemit.boiro@xunta.es  /  axentetic@boiro.org

 

5 de xaneiro de 2016 | 13:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.