A asociación en defensa do parque Rosalía de Castro cre que Besteiro declararía se non tivese nada que ocultar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugoLugo
A-
A+
Europa Press

O presidente da asociación en defensa das costas do Parque Rosalía de Castro de Lugo, Marcos Bourio, opinou este martes que o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, declararía ante a xuíza Pilar de Lara se “non “tivese nada que ocultar”.

En declaracións, Bourio subliñou que o socialista tiña “mecanismos abondos” para prestar declaración, en lugar de acollerse ao seu dereito a non responder, pero optou por “unha manobra dilatoria” que se suma ás cuestións sobre a competencia da xuíza e a súa recusación xa formuladas.

Neste sentido, sinalou que Besteiro tivo a posibilidade de ser asistido na súa declaración como imputado ben por unha letrada substituta ou ben por un da quenda de oficio e que rexeitou ambas as dúas opcións alegando que só os seus avogados principais coñecían en profundidade o caso.

“Quere alongar o inevitable: dar explicacións coherentes”, interpretou Marcos Bourio, quen recordou que se Besteiro “quere aclarar o sucedido” en torno á urbanización do Garañón mesmo ten a posibilidade de pedir unha declaración voluntaria.

12 de xaneiro de 2016 | 19:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.