Xornada de portas abertas na Praza de Abastos da Guarda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+

O xoves, día 10 de decembro, celébrase unha xornada de portas abertas na Praza de Abastos da Guarda para convidar a todos os veciños e veciñas da localidade a coñecer as reformas realizadas nestas instalacións e a asistir ás charlas programadas.

Así, a xornada comeza ás 10,30 horas coa apertura das portas e coa charla enfocada a emprendedores.

Ás 11 horas está programada unha charla de Nutrición, e de 11,30 a 13 horas haberá unha Elaboración e Degustación de diferentes produtos.

Este evento ten coma obxectivo dar a coñecer aos guardeses e guardesas as reformas que se tiveron feitas na praza, mostrar os diferentes produtos que se venden e a maneira de transformalos en comida saudable, e, moi importante, ofrecer a Praza de Abastos da Guarda coma unha oportunidade de traballo, coma unha posibilidade de negocio.

O Concello da Guarda quere convidar a todos os veciños e veciñas da localidade a asistir a esta xornada e a participar nas interesantes charlas.

2 de decembro de 2015 | 19:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.