publicidade hoxe

XII edición do Concurso de Tapas de Muimenta

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCospeito
A-
A+

A Xunta Directiva da Asociación de Empresarios de Muimenta, a cal engloba a gandeiros, profesionais e autónomos da parroquia, pon en marcha unha nova edición do Concurso de Tapas de Muimenta, que alcanzará a súa décima segunda edición e que terá lugar entre os vindeiros venres 4 de decembro e o luns 7 de decembro, ambos dous días inclusive.

*o horario do mesmo será entre as sete e media da tarde e as once e media da noite

*o prezo por tapa non se modificará e continuará no 1,50 €ur. (como nas últimas edicións)

*participarán cinco bares (relación ao final da presente nota cos teléfonos incluídos), que recibirán un diploma acreditativo (como ven sendo habitual dende a primeira edición)

*coma sempre, habrá dous locais gañadores, a mellor tapa según o voto do público e outro según o voto profesional, os cales non poderán recaer no mesmo negocio.

*suprímese a posibilidade de utilizar o coñecido como “comodín”, que che permitia deixar un local sen facer dos participantes

*tamén, a  puntuación do xurado profesional, repartirase ao 50 % entre o voto que emitan os propios bares participantes, sendo a outra metade da puntuación a que emita os membros da Xunta Directiva da Asociación de Empresarios, como se ven facendo dende a edición do mes de decembro do 2.013.

*mantense o microbús de Autocares Darriba que percorrerá cada media hora, a partir das 7 da tarde para facer a ruta para que non se teña que usar o coche.

O público participante optara a premios, por un total de 600,00 € (seiscentos euros), que se distribuirán da seguinte maneira:

– tres vales con un valor de 100,00 € (cen euros) cada un deles, ao voto individual – ditos vales deberán ser canxeables nos negocios que son socios do colectivo empresarial de Muimenta.

– un vale por valor de 300,00 € (trescentos euros) ao rosco, é dicir, tarxeta selada nos sete bares participantes, que faga a ruta compreta ou utilice a figura do comodín; este premio tamén en forma de vale a consumir nos negocios integrantes do colectivo empresarial da vila. 

Nas anteriores edicións despacháronse o seguinte número de tapas: 

2.015, en agosto, foron 3.562 tapas as despachadas e 404 roscos, nun total de 4 días nos que durou o concurso.

2.014, en decembro, foron 3.141 tapas as despachadas e 293 roscos, nun total de 4 días nos que durou o concurso.

2.014, en agosto, foron 5.869 tapas as despachadas e 377 roscos, nun total de 6 días, nos que se celebrou a novena edición.

2.013, en decembro, foron 3.849 tapas as despachadas e 345 roscos compretos, nun total de 4 días nos que se celebrou a oitava edición.

2.013, en agosto, foron 5.608 tapas as despachadas e 391 os roscos compretos do concurso, nun total de 6 días nos que se celebrou a sétima edición.

2.012, na súa edición de decembro, foron 2.890 votos e 211 roscos, edición que solo durou catro días.

2.012, en agosto, foron 4.473 tapas e 357 roscos, nun total de sete días de celebración da V edición

2.011 – 4.011 tapas entre os sete días que durou o concurso e 357 roscos

2.010 – 3.494 tapas, nos cinco días que durara o concurso, sendo 242 os roscos.

2.009, en decembro, foran 2.626, en seis días de duración e 118 roscos

2.009, en agosto, foran 2.031 tapas e 132 roscos – aumentando edición tras edición os números de participantes, consolidándose un dos primeiros concursos de tapas que se celebrou na comarca.

Os bares participantes desta nova edición:

– Alvariño

– Anllo

– O Cabuxo

– Dreams

–  Latino

3 de decembro de 2015 | 14:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.