Xa están á venda as entradas para o encontro RC Celta – RCD Espanyol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesVigo
A-
A+

Xa están á venda as entradas para o partido de Liga deste sábado ante o RCD Espanyol (Balaídos, 18:15h). Os prezos continúan sendo os habituais desde a pasada tempada, con entradas desde tan só 20€ en categoría ADULTO e desde 15€ para SUB-25. O Celta anima a todos os afeccionados e abonados a acudir a este encontro para, xuntos, sumar tres puntos que permitan seguir construíndo unha tempada remarcable.

O club tamén quere facer un chamamento aos abonados anuais, ou a calquera afeccionado que desexe darse de alta como abonado, para que tramiten o seu carné canto antes e así aproveitar as vantaxes especiais que ofrece a Campaña Anual de Abonados durante o mes de decembro como descontos nas renovacións e exención de ‘Días do Club’ tanto para estas como para as novas altas (www.celtavigo.org/abonosCelta). 

As entradas poden adquirirse nos despachos de billetes do estadio até o venres en horario de 10 a 14 e de 17 a 20 horas, o sábado desde as 10 até o inicio do partido ou en calquera momento do día a través da web www.celtavigo.org/taquillaCelta 

7 de decembro de 2015 | 18:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.