Viaxa a Fuenlabrada co Rio Natura Monbus Obradoiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

O Rio Natura Monbus Obradoiro organizará xunto con Monbus, membro do Club de Empresas Obradoiro, unha viaxe da afección a Fuenlabrada, onde xoga o vindeiro sábado ás 19.30 ante o Montakit Fuenlabrada, compromiso no que os santiagueses queren contar co seu apoio.

O pack de viaxe e entrada ao pavillón Fernando Martín terá un custo de 19 euros para peñistas, 24 euros para abonados, accionistas do club ou Amigos da Fundación Heracles e 29 para o público xeral. Ademais, todos os afeccionados que compren o pack terán de agasallo unha entrada para o primeiro encontro do ano en Sar (domingo 3, 18.00 horas), ante o MoraBanc Andorra.

A saída do bus está prevista ás 9.00 horas do sábado desde o Multiusos Fontes do Sar, e a volta, á conclusión do encontro. Quen prefira viaxar pola súa conta poderá comprar entradas soltas igualmente, a un prezo único de 9 euros.

15 de decembro de 2015 | 13:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.