publicidade hoxe

Uns 400 alumnos de Mos tiveron a oportunidade de ver unha representación do conto do “Espantallo amigo”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+
Representación da obra

Representación da obra

400 alumnos de varios centros educativos mosenses (Pena de Francia, Mestre Valverde Maio-Sanguiñeda, Martín Códax, e IES de Mos), tiveron a oportunidade o pasado martes, 15 de decembro, de ver unha representación do conto “Espantallo amigo” do recentemente falecido escritor pontevedrés Xosé Neira Vilas.

Esta actividade de teatro estivo organizada pola concellería de Educación e Participación Cidadá mosense, que dirixe a edil Kely Monzón, en colaboración coa editorial Galaxia,  e representada pola compañía Quinquilláns Teatro.

Sinopse

Hai homes coma espantallos e espantallos coma homes. O protagonista desta obra ten un corazón de pexego, morno e bo coma os seus feitos. Esta é a historia dun espantallo que en vez de espantar os merlos, faise amigo dos animais e dos rapaces. Un día, para defender unha figueira das peteiradas voraces dos melros, o tío Ramón de Rebordena colle a machada, corta uns casqueiros miúdos de pino manso, átaos cun vimbio e fai unha cruz. Despois vai enchendo aquel esquelete con palla, ponlle un melón no sitio da cabeza e acaba por vestilo cunha chaqueta e uns pantalóns remendados. Ata lle mete dúas cereixas nos ollos e un pexego no sitio do corazón. Así naceu Espantallo.

16 de decembro de 2015 | 19:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.