Unha trintena de rapaces participan na sesión de Contos Contados da Biblioteca da Guarda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+
Participantes en Contos Contados

Participantes en Contos Contados

O pasado sábado, 5 de decembro, celebrouse ás 11 horas na biblioteca Municipal da Guarda, unha nova sesión de Contos Contados. Unha trintena de nenos e nenas, con idades moi diversas e algúns acompañados polos seus pais, puideron gozar dun conto moi entrañable “La magia de la Navidad”.

Despois do conto, os rapaces e rapazas asistentes fixeron un debuxo relacionado co conto de Nadal. Os debuxos están expostos na biblioteca e servirán como decoración nas Festas de Nadal. 

Os nenos e nenas máis pequenos se divertiron xogando con contos con sons e texturas ademais de con libros-puzzle.

7 de decembro de 2015 | 18:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.