Un tren urbano de Ourense animará a mercar no comercio local con innovadores percorridos que darán servizo a todos os barrios
O Concello de Ourense pon a disposición dos veciños dos diferentes barrios da cidade un servizo especial de transporte de tren urbano para axudar a levar con máis comodidade as compras de Nadal. O transporte, que por primeira vez se estende aos barrios da cidade, estará activo de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas, as fines de semana ata o día 23, e todos os días até o día de Reis, 6 de xaneiro.
A iniciativa, que parte da Concellería de Comercio dentro da campaña #Ourenseconluzpropia, pretende así potenciar o consumo no comercio local e percorrerá tres zonas de Ourense: A Ponte, o centro e San Francisco e O Couto. Amais de achegarse polas zonas comerciais, tamén parará en rúas próximas ao Auditorio Municipal para favorecer o transporte para as actividades de Nadal que organiza a Concellería de Cultura. Desta maneira preténdese, ademais, conciliar horarios familiares e laborais.
A tarifa deste tren urbano será a dunha viaxe ordinaria (0,85 euros), pero os cativos viaxarán de balde. Ademais, o tren está deseñado para que se poidan colocar as pegatinas coa estrela de Nadal que acompañan as bolsas que reparte o comercio local con cada compra. Nelas poderán escribir desexos personalizados para estas datas.
Percorridos e horarios
Percorrido 1: Zona A Ponte
Decembro’15: sábado 12, sábado 19, mérc. 23, sábado 26, martes 23
Xaneiro’16: venres 1, luns 4.
Mañá: Saída de Renfe – Avda. Das Caldas – Avda. Santiago – 6º Instituto – Avda. Santiago – Avda. Caldas – Eulogio Gómez Franqueira – Rotonda Estación Bus – Renfe (fin).
Tarde: Saída de Luís Trabazos (As Lagoas) – Rotonda Policía Nacional – Celso Emilio Ferreiro – Emilia Pardo Bazán – Rúa da Canle – Alfonso X O Sabio – Xoán de Nóvoa – Avda. Bos Aires – Rúa Nova – Avda. Castelao – Escultor Faílde – Luís Trabazos.
Percorrido 2: Zona Centro – San Francisco
Decembro’15: domingo 13, venres 18, venres 25, domingo 27, xoves 31.
Xaneiro’16: mércores 2, sábado 6 de xaneiro.
Mañá e tarde: Saída Pavillón de Os Remedios – Progreso – Mariñamansa – Rotonda Seat (A Saínza) – Ramón Puga – Chano Piñeiro – Serra San Mamede – Serra martiñá – San Francisco – Peña Trevinca – Rúa Coruña – O Posío – Progreso – Xoán XXIII – Avda. Habana – Pavillón dos Remedios (fin.)
Percorrido 3: Zona Polvorín – Couto
Decembro’15: venres 11, domingo 20, xoves 24, luns 28, mércores 30.
Xaneiro’16: domingo 3.
Mañá e tarde: Praza do Couto (saída) – Avda. Portugal – marcelo Macías – Praza A lexión – Marcelo Macías – Avda. Portugal – Ervedelo – Dalí – Rotonda Dalí – Dalí – Prado Lameiro – Faustino sdantalices – Francisco de Moure – Praza do Couto (Fin).











