publicidade hoxe

Un grupo de veciños da parroquia de Mos escenifican un Belén vivente

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

Os veciños da parroquia de Mos, en colaboración coa Fundación Pazo de Mos, organizan para o vindeiro venres 25 de decembro, día de Nadal, un Belén vivente que  representará a escena bíblica do portal no que se produciu o nacemento de Xesús.

Esta escenificación terá lugar dende as 11.00 horas ata as 13.00 horas no Pazo de Mos, e ao remate, actuará a Rondalla do Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia de Mos.

Así mesmo, oficiarase a Misa ás 12.30 horas na Igrexa de Santa Eulalia de Mos, durante a que os cativos da parroquia cantarán panxoliñas.

Todos os veciños e veciñas implicados nesta iniciativa amósanse orgullosos da súa participación no evento e esperan que atraia a un gran número de visitantes.

21 de decembro de 2015 | 18:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.