Últimos días para inscribirse no xlvii festival de panxoliñas de Vilaxoán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

O sábado celébrase en Vilaxoán unha das citas máis tradicionais do Nadal vilagarciá: o Festival de Panxoliñas organizado pola Coral Máximo Patiño. A organización avisa de que o prazo para anotarse remata este venres, 18 de decembro, ás 14:00 horas. Os interesados en participar poden inscribirse chamando ao números de teléfono 692 465 631 ou ao 639 613 678.

No festival poden participar todo tipo de formacións musicais, xa sexan infantís, xuvenís ou de adultos. Cada formación poderá interpretar dúas panxoliñas, de libre elección, con ou sen instrumentos. Os temas poden ser inéditos, tradicionais ou populares e interpretaranse en directo durante o festival que, como todos os anos, rematará de modo festivo coa actuación da Coral Máximo Patiño.

O recital celebrarase nos salóns da Confraría de Pescadores Virxe do Rosario a partir das 19 horas deste sábado.

16 de decembro de 2015 | 19:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.