publicidade hoxe

Últimas prazas para participar no Ludonadal de Lousame

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLousame
A-
A+

Últimos días para anotarse no Ludonadal 2015, o programa de conciliación familiar organizado por MYA Animación, en colaboración co Concello de Lousame, que terá lugar na casa da cultura de Lousame os luns, martes e mércores das dúas próximas semanas, en horario de 9:00 a 14:00 horas. O prezo por estes seis días é de 12 euros e as inscricións poden realizarse chamando ao teléfono 673 905 390.

Mya Animación ten preparados catro obradoiros: estampación (luns 21), Hama Beads (martes 22), “Scrapbook” (martes 29); así como actividades de animación para eses días. Ademais, o mércores 23 de decembro os participantes gozarán coa visita de Papá Noel e dunha sesión de cinema de Nadal. O día dos inchables e dos xogos populares será o luns 28 de decembro, e o mércores 30 pecharase o Ludonadal 2015 cunha gran festa de despedida e unha sesión disco.

18 de decembro de 2015 | 19:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.