Últimas horas para comprar entradas a prezos especiais para o encontro Rio Natura Monbus Obradoiro – Real Madrid
O Rio Natura Monbus Obradoiro celebrará este Nadal enfrontándose ao Real Madrid o 22 de decembro (19.30 horas) en Sar, último partido do ano no pavillón. Esta ocasión única para regalar o mellor baloncesto aos seres queridos nestas sinaladas datas, ten ademais até mañá ás 23.59 horas Prezos Especiais tanto para abonados como para non abonados.
Até acabar o día de mañá, os abonados poderán adquirir entradas a 59 euros en Tribunas Retráctiles, 45 euros en Tribunas 1, 35 euros en Tribunas 2 ou 29 euros en Fondos. O Prezo Especial para os demais afeccionados non abonados é de 65 euros en Tribunas Retráctiles, 49 euros en Tribunas 1, 39 euros en Tribunas 2 ou 35 euros en Fondos.
Tamén até mañá en compra anticipada en oficinas poderase gozar dunha promoción: por cada entrada de adulto comprada, poderase adquirir unha para menores de 18 no mesmo sector, achegando os datos do menor (nome e apelidos, DNI e data de nacemento).
A partir do 11 de decembro, a tarifa será única: 75 euros en Tribunas Retráctiles, 59 euros en Tribunas 1, 45 euros en Tribunas 2 ou 39 euros en Fondos.
As entradas pódense comprar a través da páxina web do club cos Prezos Especiais até mañá ás 23.59 horas ou nas oficinas abertas de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas. A partir dese momento, os prezos serán os xenerais en ambos os puntos de venda.











