Tres proxectos vigueses son seleccionados na 4ª convocatoria Think Big

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVigo
A-
A+

Tres proxectos vigueses forman parte dos máis de 300 seleccionados por Fundación Telefónica na cuarta convocatoria de Think Big, o seu programa de apoio e formación a mozas, de entre 16 e 25 anos, con iniciativas de emprendemento social.

Estes proxectos buscan fomentar a integración social, como EntreNós, proposta de Jennifer Alonso (17 anos) para achegar e vincular aos máis novos con persoas maiores a través de historias de superación persoal; ou FamQueFan, idea de Andrea Fernández (22 anos), para desenvolver actividades de lecer alternativo, dirixidas e adaptables a todo tipo de familias. Ademais, seleccionouse tamén o proxecto SondeVigo, de Marta Lastra (17 anos), cuxo obxectivo é crear unha comunidade na que poder difundir actividades culturais na cidade de Vigo a mozas de entre 14 e 20 anos.

Máis de 300 proxectos seleccionados en toda España

Fundación Telefónica seleccionou en toda España un total de 330 iniciativas das 769 presentadas a esta cuarta convocatoria. Os mozos emprendedores contarán con formación específica en materia de innovación, creatividade e emprendemento. Así mesmo, contarán cunha dotación económica, nunha primeira fase, de 200 euros para o arranque do proxecto, financiamento que se ampliará até os 3.000 euros na súa última fase e unha formación valorada noutros 3.000 euros.

Proxectos seleccionados en Vigo:

EntreNós

EntreNós é unha proposta de Jennifer Alonso, unha moza pontevedresa que busca achegar as vivencias de persoas maiores, a través de grandes historias de superación persoal, ás xeracións máis novas. Para iso, o proxecto inclúe o desenvolvemento dunha web que inclúa estas historias e a súa difusión a través de redes sociais.

FamQueFan

FamQueFan, unha iniciativa impulsada por Andrea Fernández, ten o obxectivo de crear un espazo lúdico e de lecer gratuíto para todo tipo de familias, con actividades pensadas especialmente para nenos de 3 a 12 anos en espazos públicos de Vigo. Para iso, o proxecto conta cunha programación de actividades adaptables ao perfil dos participantes.

SonDeVigo

Encabezado por Marta Lastra, pon en contacto a mozos de 14 a 20 anos de Vigo coas actividades culturais da súa cidade, ante a ausencia dun espazo que achegue a cultura a este grupo de idade. Para iso, a iniciativa baséase no desenvolvemento dunha comunidade online para que os mozos vigueses atopen toda a actualidade de lecer.

Sobre Think Big de Fundación Telefónica

Think Big intégrase dentro da iniciativa de emprendemento Telefónica Open Future, que ten o obxectivo de apoiar aos mozos con talento nas distintas etapas de crecemento das súas iniciativas. Neste sentido, Think Big apoiou xa a máis de 11.000 proxectos concretos en toda Europa, e contou coa participación de máis de 80.000 mozas. Nas tres primeiras edicións en España pasaron polo programa case 9.000 mozos que crearon, planificado e posto en marcha 807 proxectos sociais, moitos deles aínda activos. O programa conta con tres fases:

Na primeira fase (Start) seleccionan aproximadamente as 300 mellores ideas presentadas ao programa. Deste xeito, os mozos seleccionados reciben formación online e presencial durante un período de seis meses, ademais de apoio económico e a orientación e apoio dun mentor de Telefónica para o arranque do proxecto. Posteriormente, na seguinte fase, (Build) selecciónanse os mellores traballos -entre 30 e 40- e reciben un financiamento de até 3.000 euros, contando coa axuda dun titor especializado. Finalmente, na última fase (Grow), os mozos teñen a posibilidade de continuar traballando nas súas iniciativas, alcanzado un nivel profesional da man dos mentores de Think Big. Tras esta fase, selecciónanse os dous proxectos con maior prospección e capacidade de éxito.

23 de decembro de 2015 | 10:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.