Santiago acolleu a presentación da IV edición da carreira SinSon 10K

Lete Lasa na presentación de SinSon 10k. Foto: X. Crespo

Lete Lasa na presentación de SinSon 10k. Foto: X. Crespo

Os campións de España de maratón, María J. Gestido e Pedro Nimo, participarán este ano na SinSon10km, que se celebra o vindeiro 13 de decembro e na que se agarda a participación de máis de 3.000 atletas, segundo se anunciou hoxe durante a rolda de prensa de presentación do evento, celebrada esta mañá en Santiago.

Ao acto informativo asistiron o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, o alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, o concelleiro de Deportes, Manel Deán, o director da Sin-Son10k, Miguel Mayán, a campioa de España 1.500 metros, Solange Pereira, e o propio Pedro Nimo.

A SinSon é unha carreira popular única polo seu trazado paralelo ao mar, que cumpre este ano a cuarta edición. Trátase dunha proba de modalidade en liña con saída en Portosín e meta en Porto do Son, cun percorrido de 10 quilómetros que transcorre pegado á ría de Muros e Noia, co slogan “Corremos mirando ao mar”, como esencia da grandeza e singularidade paisaxística do trazado.

1 de decembro de 2015 | 17:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.