Santi Valladares: “O noso obxectivo é seguir medrando a nivel individual e colectivo”
Esta mañá compareceron en rolda de prensa Santi Valladares e Catela para analizar o próximo partido do Santiago Futsal ante o Catgas Energia Santa Coloma.
Santi Valladares, que pode recuperar a Pablo Mel para este partido, afirmou en rolda de prensa que “Catgas é un rival que ten un futbol salga moi alegre, con boa mobilidade que mestura moi ben experiencia e mocidade. É unha cancha das complicadas, das de toda a vida, onde haberá que loitar moito para sacar algo positivo.” Santi engadiu que “se hai moitos goles ímolo a ter difícil, necesitamos un partido ordenado e que non se converta nun correcalles porque o seu xogador son moi bos nas transicións.” Tras o partido contra Jumilla o técnico destacou que “necesitamos aproveitar as nosas ocasións, o outro día Fede estivo xenial e impediu a vitoria. Pero estou contento co que fixo o equipo, baleirouse e non hai que darlle máis voltas”. Sobre o obxectivo do club esta tempada Valladares lembrou que “só temos que pensar en ir partido a partido. Seguir adestrando ben como estamos a facer e seguir crecendo a nivel individual e colectivo. Falta que acompañen o resultados pero quedan dous bos partidos para terminar a primeira volta e hai que dalo todo neles.”
Pola súa banda Catela destacou que me atopo moi ben en Santiago, foi unha decisión perfecta xa que creo que este é o sitio adecuado para progresar e aquí estou perfecto. Desde o primeiro momento recibiume moi ben todo o mundo. Ademais de bos xogadores son grandes persoas. Espero seguir mellorando e que o equipo medre partido a partido.” Sobre a dificultade de gañar fóra Catela engadiu que “xogar fóra de casa é sempre moi complicado e esta tempada todos os equipos están a ser moi fortes ante a súa afección”
O equipo viaxará durante toda esta noite en autobús a Barcelona para completar mañá dúas sesións de adestramento en Santa Coloma previas á disputa do partido do venres ás 20.45h











