Ribadumia organiza unha Cabalgata de Reis chea de novidades e sorpresas
Melchor, Gaspar e Baltasar chegarán o vindeiro 5 de decembro a Ribadumia, e o Concello de Ribadumia xa comezou cos preparativos para recibilos como se merecen.
A noite do 5 celebrarase a tradicional Cabalgata de Reis cun desfile de carrozas e comparsas que este ano traerá moitas novidades, entre elas o desfile das súas maxestades e unha gran carroza organizada polo Concello de Ribadumia na que poderán percorrer as rúas do noso Concello todos os nenos que o desexen.
Ademais da carroza que prepara o Concello, poderán formar parte da Cabalgata os interesados en participar nalgunha das tres modalidades seguintes: carrozas (de elaboración propia), comparsas ou belén vivinte.
Para consultar as bases e facer a inscrición é necesario achegarse polas oficinas do Concello durante esta semana en horario de 08:00 a 15:00 horas.
Concurso de postais de Nadal
Por outro lado, na noite do 5 de xaneiro tamén se fará a entrega de premios aos gañadores das postais de Nadal que organiza o Concello de Ribadumia. Este ano as postais gañadoras conformarán a felicitación do Concello e será repartida en todas as vivendas do municipio.