publicidade hoxe

Rey Varela continua coa súa rolda de encontros cos rexedores galegos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMarín
A-
A+
Rey Varela na reunión coa alcaldesa de Marín

Rey Varela na reunión coa alcaldesa de Marín

O conselleiro de Política Social, Jose Manuel Rey Varela, asegurou esta mañá que “xuntar esforzos e optimizar recursos é o único xeito de garantir unhas verdadeiras políticas sociais que redunden na mellora do benestar dos galegos e galegas, especialmente daqueles máis desfavorecidos ou que necesitan dun apoio especial por parte das administracións”. O responsable das políticas sociais do Goberno autonómico realizaba estas declaracións logo de manter un encontro de traballo coa alcaldesa de Marín, María Ramallo Vázquez. Unha xuntanza que se enmarca na rolda de contactos cos rexedores galegos posta en marcha por Rey Varela logo do seu nomeamento como conselleiro de Política Social.

Así as cousas, a rexedora pontevedresa e o titular de Política Social fixeron un repaso dos principais programas e infraestruturas en materia social que se están a desenvolver no municipio marinense; nomeadamente da inminente apertura da Escola Infantil do Seixo e do notable incremento no número de dependentes atendidos a través do Servizo de Axuda no Fogar. Así mesmo, Jose Manuel Rey Varela e María Ramallo tamén abordaron a posibilidade de explorar novas vías de colaboración para a mellora da carteira de servizos sociais que existe na actualidade neste municipio emprazado na ría de Pontevedra.

2 de decembro de 2015 | 18:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.