Regresa ao Teatro Colón o RussianNational Ballet de SergeiRadchenko

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCalendario
A-
A+

O RussianNational Ballet presenta esta fin de semana dous grandes clásicos do ballet: ‘El Lago de los Cisnes’ –que poñerá en escena o venres 18 ás 20:30 horas – e ‘La BellaDurmiente’ – con función o sábado 19 ás 20:30 horas-.

SergeiRadchenko funda o RussianNational Ballet en 1989 coa intención de reunir nunha soa compañía os elementos máis clásicos das grandes compañías dos ballets Kirov e Bolshoi. SergeiRadchenko quere dedicar as dúas funcións que levarán a cabo esta fin de semana no Teatro Colón a MayaPlesètskaya, quen fora durante máis de dúas décadas a súa parella de baile, ‘ela foi o raio de luz no que tiven a sorte de somerxerme’.

Ademais da posta en marcha de novos traballos dentro e fora de Rusia, a compañía está especializada nos ballets máis complexos do século XX. O seu traballo parte da investigación das producións orixinais a nivel coreográfico e escenográfico.

A Panorama Kids presenta o seu novo espectáculo para nenos

O domingo 20comeza a programación especial de Nadal dedicada aos máis pequenos coa actuación da Orquestra Panorama. A coñecida formación pon en marcha o seu segundo espectáculo para nenos que estará no Teatro Colón o domingo 20 ás 17:00 e ás 19:30 horas e o luns 21 ás 18:00 e ás 20:30 horas.

O espectáculo parte dos feitos cotiás dos diferentes membros da orquestra para introducir números musicais de onte e de hoxe cun corte puramente familiar. O martes 22 os máis pequenos poderán gozar co clásico ‘El Mago de Oz’ en clave musical. Unha versión que mestura elementos do conto tradicional e da película con outros novos, para facernos entender que todo o que necesitamos está dentro de cada un de nós e que nunca debemos deixar de soñar.

As entradas pódense adquirir a través da páxina web do teatro www.teatrocolon.es, en www.ataquilla.com. No quiosco da Praza de Ourense, en horario de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 e tamén na Sede AFundación A Coruña, no Cantón Grande 21/23, de luns a sábado de 9.00 a 21.00 horas. Ademais no despacho de billetes do propio teatro o mesmo día do espectáculo de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a peche. 

14 de decembro de 2015 | 18:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.