publicidade hoxe

Programación de Nadal en Carnota

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarnota
A-
A+

Dende o Concello de Carnota queremos informarvos acerca das actividades que organizaremos este Nadal. Incluímos tamén actividades organizadas por asociacións culturais locais.

Elaboramos unha programación intensa, pensando en todos os/as cativos/as (e non tan cativos/as) do municipio.

Temos por diante dúas semanas de vacacións para os pequenos da casa, por iso queremos ofrecer a posibilidade de que estean entretidos algunha mañá e de que gocen con actividades lúdicas, obradoiros, concertos e festas. Por isto, e porque os nenos son os reis do Nadal, desenvolveremos as seguintes actividades:

A partir do 1

de decembro:

Dará comezo a Escola Municipal de Teatro.

12 de decembro:   

V Simposium Monte Pindo. Terá lugar na Confraría do Pindo ás 11:00 h (Asociación Monte Pindo Parque Natural)

15  de decembro: 

 

Entrega de premios do IX Concurso de postais de Nadal cos mellores desexos, ás 11:00 h no Salón de Actos do Concello.

16 de decembro: 

Concerto da Escola Municipal de Música no Salón de Actos do Concello, ás 19:00 h.

18  de decembro:

Coma todos os venres, Venres Lúdicos, de 16:30 a 18:30 h, na Biblioteca Municipal (lembramos que é unha actividade pechada para os/as  nenos/as xa inscritos/as).

19 de decembro:

Mercado de troco para adultos na praza de San Gregorio, de 11:00 h  a 14:30 h, baixo carpa. Cada participante pode traer o seu obxecto antes das 10:30 h (ou días anteriores no Concello) e entregaráselle unha tarxeta para poder trocalo por outro que lle sexa máis útil. Haberá unha actuación musical por parte da Escola Municipal de Música e un caldiño quente para todos. Farase tamén unha demostración de talentos, onde cada quen poderá amosar o seu mellor “aquel” con contos, chistes, cancións, etc. Os tres finalistas levarán o diploma para o “máis aquelado” e un libro de Manuel María (homenaxeado nas Letras Galegas 2016).

Lume en Carnota, macroconcerto en Lira pola noite. I Festival de inverno cos grupos Critical Bride (Vigo), Blue Metn State (Santiago), Coso Carnóbrigo (Carnota), The Suffering (Cee) e Urd (Carnota). (Asociación Gremio de Músicos de Carnota)

22 de decembro:        

Mercado de troco para nenos e nenas na praza de San Gregorio, de 16:00 a 19:00 h, baixo carpa. Cada participante pode traer o seu obxecto (roupa, xoguetes ou libros) antes das 15:30 h(ou días anteriores no Concello)  e entregaráselle unha tarxeta para poder trocalo por outro que lle sexa máis útil. Haberá rosco e chocolatada para todos. Faremos tamén unha demostración de talentos (cantigas, contos, chistes, panxoliñas, etc.) e nomearemos aos tres nenos/as con máis “aquel”, que levarán tamén un libro de Manuel María (homenaxeado nas Letras Galegas 2016). E nas vésperas da Noiteboa, non podía faltar a aparición do APALPADOR.

23 de decembro:

O mago Paco con “Ledicias de Nadal”. Ás 11:30 h no Salón de Actos.

 

28 de decembro:

Espectáculo de Viravolta Títeres: “A frauta máxica”. Baseado na ópera de W.A. Mozart, ás 11:30 no Salón de Actos do Concello.

 

29 de decembro:

Xornada de xogos de mesa na Biblioteca Municipal, de 11:30 h a 13:00 h. Rapaces e rapazas volverán gozar cos xogos de toda a vida (parchís, oca, bingo,etc.)

30 de decembro:   

    

Obradoiro de fabricación de xoguetes con material de refugallo,  da man de Adega, ás 11:00 h(de 3 a 6 anos) e ás 12:30 h(de 7 anos en adiante) no Salón de Actos do Concello.

  05 de xaneiro:

 

Títeres Cachirulo: “Elefantes que contan contos na véspera dos Reis Magos”. Contacontos temático, no Salón de Actos, ás 11:30 h, con entrega de caramelos para os máis pequenos!

Cabalgata dos Reis Magos e Belén vivente na Igrexa do Pindo. Pola tarde, na parroquia do Pindo, as súas maxestades repartirán doces para todos os nenos e as nenas que se acheguen a pedirlles os seus agasallos (Asociación Pedramar)

10 de decembro de 2015 | 11:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.