Papá Noel recibirá este mércores aos máis pequenos dos colexios de Laxe no local social do Concello
Despois das xestións realizadas polo Departamento de Cultura do Concello de Laxe en estreita colaboración e coordinación cos tres centros escolares, é para nós un pracer informarvos de que A PARTIR DAS 10:00 DE MAÑÁ (MÉRCORES 16 DE DECEMBRO), PAPÁ NOEL ACHEGARASE ATA O CONCELLO DE LAXE un ano máis para recibir aos máis pequenos e pequenas do CPI Cabo da Area e das Escolas Unitarias da Torre e Traba.
A ACTIVIDADE, QUE SE DESENVOLVERÁ NO LOCAL SOCIAL VALLE INCLÁN DE LAXE, TERÁ UN CARÁCTER PECHADO PARA O ALUMNADO de infantil e dous primeiros cursos de primaria destes centros.
Durante algo máis dunha hora, cada un dos rapaces e rapazas poderán sentarse no colo de Papá Noel para facerlle as súas últimas peticións para a noite do 24 de decembro e entregarlle as súas cartas.
O Papá Noel este ano, fíxolles chegar tamén a cada centro unha carta na que os convidaba ao encontro e lles pedía: un debuxo para agasallarlles aos gnomos que tanto traballan con el todo o ano na elaboración de xoguetes e tamén que acudiran á visita con algún atuendo navideño ou prenda de cor encarnada para poder sacar unha foto en conxunto da visita cando menos, diferente.
Despois da Visita ao Papá Noel e para que aínda se cabe os nenos e nenas disfruten máis da xornada, a partir das 11.15 horas no salón de actos municipal, terá lugar a actuación da CONTACONTOS SOLEDAD FELLOZA que fará un percorrido polas diferentes personaxes de nadal que nos atopamos en diferentes zonas e países do mundo.
A actuación terá tamén un carácter pechado para o alumnado e profesorado.
(Aclaramos que de cara a poder sacar algunha fotografía, ao tratarse dunha actividade pechada, quedará aberta tan só a porta de acceso ao salón de actos que comunica co escenario: a situada xusto enfrente da entrada principal ao local social situado na rúa Valle Inclán)
Sen dúbida, será unha mañá chea de ilusión e maxia para todos e todas eles.
Como xa vos comentabamos, os días 21, 22 e 23 nalgunha comunicación anterior, temos programado realizar uns OBRADOIROS DE CONCILIACIÓN NOS TEMPOS DE NADAL PARA MENORES ENTRE OS 4 E OS 10 ANOS en horario de 10:30 a 13:30 horas no Local Social Valle Inclán.
Estes obradoiros só se levarán a cabo si se cubre un mínimo de 10 inscricións, tendo como límite de prazas un máximo de 15. PARA PODER PARTICIPAR NOS OBRADOIROS É NECESARIO TRAMITAR A INSCRICIÓN NAS OFICINAS DE CULTURA DO CONCELLO DE LAXE DURANTE ESTA SEMANA. Dito prazo permanecerá aberto ata este venres ás 13 horas.