publicidade hoxe

Os Reis Magos visitarán o CEIP de Barqueira antes das vacacións de Nadal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerdido
A-
A+

O Concello de Cerdido adiantase á campaña de nadal para visitar o CEIP da Barqueira o último día de clase antes das vacacións. Mañá venres, 18 de decembro, as súas maxestades, os reis magos de Oriente visitaran o centro para recoller as cartas que lles escribiron os nenos e nenas, coas súas peticións para a noite de reis. As súas maxestades chegarán ao centro aproximadamente as 10:30 da mañá e permanecerán nel durante toda a mañá para asistir como invitados especiais ao festival que os rapaces lles teñen preparado e no que levarán a cabo representacións musicais e teatrais, cantarán villancicos, etc…

17 de decembro de 2015 | 10:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.