Os rapaces do colexio Illa Verde coñecen como funciona o Concello de Lugo da man de González Abelleira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+
Visita dos escolares

Visita dos escolares

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, recibiu este martes no Salón de Plenos a un grupo de cincuenta nenos e nenas que cursan terceiro de primaria no colexio lucense Illa Verde, que visitaron a Casa Consistorial en dúas quendas.

Durante a visita, os cativos e cativas, que tiñan arredor de 8 anos, amosaron curiosidade polo funcionamento do Concello e polo labor desempeñado polo Goberno Municipal. Ana González Abelleira, quen lles explicou o seu traballo como edil e a súa área de actuación, atendeu todas as preguntas que lle fixeron os nenos e nenas, os que se interesaron por saber como se toman as decisións nun Concello ou como se chega a formar parte da Corporación Municipal. 

Estas visitas permítelles aos máis cativos coñecer en primeira persoa o Concello da súa cidade.

1 de decembro de 2015 | 19:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.