Os presupostos municipais de Vilagarcía debateranse no pleno ordinario do 30 de decembro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

O mércores 30 de decembro terá lugar o debate dos Presupostos Municipais para o ano 2016. O goberno local fixou onte a data tras consensuala cos grupos da oposición na Comisión Informativa previa ao pleno extraordinario deste xoves e tendo en conta a necesidade de adiantar a sesión ordinaria por caer o último xoves de mes en día non laboral para a administración.

Dada esta circunstancia, e tamén para que todos os grupos dispoñan de tempo para analizar o borrador dos presupostos e traballar as propostas que consideren oportunas, optouse por incluír o debate orzamentario na sesión ordinaria do día 30. Cómpre lembrar que o grupo de traballo formado por todos os grupos da oposición para abordar os presupostos mantén estre xoves pola mañá a primeira reunión, estando prevista a celebración dun segundo encontro para concretar propostas e pechar o proxecto que se someterá a aprobación inicial o día 30.

15 de decembro de 2015 | 13:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.