publicidade hoxe

Os Piñeiriños aterran no Centro Social de Bueu cun espectáculo para os máis pequenos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueuCalendario
A-
A+

Mañá, martes, o Centro Social acolle de 17.30 a 18.15 horas un concerto para nenos e nenas a cargo de Os Piñeiriños, que presentan o seu espectáculo poético e musical no que se poñen en escena os diferentes poemas recollidos no libro CD “Canta a lúa coas estrelas”. O público infantil poderá participar directamente na actuación, a través de diferentes bailes e coreografías que animan e cantan os poemas. Tamén haberá un espectáculo de luces e sombras que recrea o mundo mariño e monicreques. Cada un dos poemas conta coa súa propia construción artística, ofrecéndolles aos nenos a posibilidade de entrar en contacto coa poesía galega dun xeito creativo e divertido.

Esta actividade conta co patrocinio da Deputación de Pontevedra.

21 de decembro de 2015 | 11:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.