Os músicos da banda acompañan a Papá Noel á escola infantil e ao Vagalume

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

Un grupo de membros da Banda de Música de Vilagarcía collerá mañá os seus instrumentos para poñer a banda sonora á visita que Papa Noel ten pre visto realizar á Escola Infantil Municipal e ao Vagalume para saudar aos seus alumnos. Os músicos teñen preparado unha actuación moi especial composta por eles mesmos e totalmente acorde coas festas de Nadal.

Mañá vai a seu un día moi ilusionante para os activos da Escola Infantil e do Vagalume xa que recibirán a visita de Papa Noel. O acto vai contar con toda a parafernalia propia da visita dunha personaxe como é Santa Claus, por iso a Banda de Música participará no recibimento interpretando un musical especialmente preparado para a ocasión. Unha especie de conto de Nadal musicado que os alumnos da Gardería poderán gozar a partir das 10 da mañá e unha hora máis tarde os do Vagalume.

17 de decembro de 2015 | 19:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.